sábado, 9 de maio de 2015

O coltan ou coltán é unha mestura dos minerais columbita e tantalita. É de cor gris metálico e opaco. A palabra coltán é unha abreviatura de COLumbita-TANtalita.
O coltán é un mineral que se utiliza para fabricar compoñentes electrónicos.

USOS:
O tántalo úsase, principalmente, na elaboración de condensadores, que están presentes en gran cantidade de dispositivos electrónicos. Estos condensadores de tántalo teñen valores de capacidade eléctrica máis exactos ca os condensadores tradicionais e, en especial, son moito máis pequenos. A gran demanda destes condensadores elevou o prezo do tántalo.


CONSECUENCIAS DA EXTRACCIÓN:
O coltán é un mineral moi escaso, que só se encontra nalgunhas zonas do noso planeta, onde a maior parte está na República do Congo. 
Extráese de minas a ceo aberto.
Na teoría debería ser unha bendición económica para este país, pero non é así. Mentres que as mafias internacionais e os contrabandistas se enriquecen, os mineiros congoleños traballan en condicións de esclavitude e vixiados por forzas militares. Milleiros de nenos traballan nas minas e, en consecuencia, abandonan a escola e os estudos.

Outras consecuencias desta explotación son as numerosas guerras fronterizas, causadas polos inxentes beneficios económicos. Estes conflictos tamén provocan grandes desprazamentos da poboación causando fame, enfermidades e violencia. Tamén provocan o abandono das terras de cultivo para ir a traballar nas minas de coltán.

Por último, e non menos importante,  a explotación desde mineral, acarrea a depredación de enormes parques naturais, a destrucción de microsistemas de flora e fauna e o desprazamento de especies salvaxes.
Outra zona masacrada é a do santuario dos gorilas de montaña dos volcáns Virunga, que se encontra en terras fronterizas afectadas pola “guerra do coltán”.